Repoboacións e plantacións
Tralos incendios de outubro de 2017, todos fumos conscientes da necesidade de cambios, da necesidade de loitar por un futuro para os nosos bosques, para os nos@s fill@s e para nos.
Foron solicitados cambios, pero tod@s sabemos que a solución empeza por persoas de a pé. A solución empeza co respeto ós montes, co coñecemento da súa importancia para o presente e para o futuro. E cando falamos de persoas, sabemos que o futuro máis real está nos máis pequenos.
@s nen@s son o futuro de todo. Serán os futuros coidadores dos montes, @s biólog@s, @s polític@s, os bombeiros… ou os incendiarios… Serán os que moverán o mundo nun futuro non moi lonxano, co que poderán cambiar as tendencias actuales.
Cada unha das motivacións, dos coñecementos, da información que lle poñamos na man nestos momentos a un nen@, pode crear a semente máis importante de todas.
O traballo dos educadores é básico para dar a coñecer todo o noso patrimonio, as formas de protexelo e a importancia de preservarlo, ben sexa natural, etnográfico ou histórico.
Precisamos deste cambio, de renacer das cinzas desta catástrofe e comezar a pensar no monte como o noso futuro: de riqueza, de cultura, de disfrute e de benestar.
-Actividade 1: Charla + Sementeira na aula
-Actividade 2: Charla + Plantación
-Actividade 3: Charla + Preparación de materiales para a fauna+ Plantación
A actividade inclúe:
-Un profesional da educación ambiental adaptado á idade dos alumn@s
-Materiales para a actividade. Planta, semente ou lugar de realización, no seu caso
Necesario aula con espacio suficiente para a charla e proxector
Necesario acompañamento de profesores
Prezo dende 6€/nen@, consúltanos sen compromiso.