Ven probar unha forma diferente e divertida de percorrer unha das etapas do Camiño de Santiago, cun kaiak!!
Aproximadamente a metade (8km) da etapa entre Redondela e Pontevedra transcurre ó lado das augas da enseada de San Simón, ó fondo da ría de Vigo, un tranquilo remanso de mar. Nos propoñemos vivir este tramo dunha forma diferente: un tranquilo paseo en kaiak para ver de cerca o ecosistema da enseada, as súas aves, roquedos, sol e brisa… Unha actividade de ecoturismo que te achegará á natureza e cultura da zona cun impacto mínimo e repercusión en guías e empresas do lugar.
Xestionaremos o transporte das mochilas e a seguridade na auga para que a única preocupación sexa disfrutar do entorno.
A actividade inclúe:
-Kaiak autovaciable para 2 persoas
-Pala e chaleco
-Monitor de kaiak
-Transporte das mochilas
-Seguros necesarios
-Fotos
-Grupo reducido para aportar maior calidade á visita
Prezo:
Temporada alta: 45 €/persoa
Temporada baixa: 35 €/persoa
Grupo mínimo de 4 persoas (en caso de non alcanzar o mínimo pregunten)
Consulten para grupos
Actividade dependente das condicións climatolóxicas