+34 677 525 930
info@alecrinactividades.com
Nos
Alecrín Actividades y aventura créase pola enorme necesidade que os usuarios teñen de “aprender gozando”. Despois de anos como educadores ambientais baixo a tutela doutras empresas, e comprendendo que a maneira non era esa aventurámonos no mundo do emprendemento. Necesitabamos ofrecer algo máis, e o usuario quería recibilo. Non é só coñecer, non é explicar… Hai que vivilo, hai que gozalo, hai que asombrarse co que estás a ver… só así crearás ese vínculo especial coa contorna, que che fará saír namorado del.
E así creamos a idea da “educación ambiental activa”, outra forma de entender as actividades, os servizos guiados e outros proxectos.
Unha forma de aprender gozando, de conservar xogando e de vivir cada momento dun día, coma se fose o máis especial.
Cada vez sumamos máis Alecríns ao noso equipo, porque hai tanta xente especial no mundo que non podemos deixala escapar. Hai xente que sabe empaparte de enerxía positiva, facerte volver ao pasado coas súas explicacións, ou envorcarte a un mundo de marabillas, levarte a unha sensación de benestar e alegría só con acompañarte aos segredos de Galicia.
Ana Vázquez
De todo
"Mar, montaña, río, parede... non hai terreo que free as miñas ganas de mostrar todo o que che ofrece o medio natural"
Licenciatura en Bioloxía
TS en Educación ambiental
Guía acreditada do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia
TD1 de kaiak
Guía Starlight
Técnica Homologadora de Sendeiros FEDME
Silvia González
Guía de natureza
"Estar quieta non é unha opción. Sempre hai cousas novas que descubrir"
Enxeñería Técnica Forestal
TS en Educación ambiental
Guía acreditada do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia
María Cinta
Guía acompañante
"Cada guiada, cada visita, é unha experiencia única e inesquecible"
Guía Acreditada do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia
Dinamizadora de ecoturismo deportivo no medio natural
Irene Ocaña
Guia oficial de Galicia
" Viaxar non só é coñecer novas terras, é coñecerse a un mesmo"
Diplomatura en Turismo
David F Lage
Monitor de kaiak
"Un río atravesa a pedra non pola súa dureza, senón pola súa persistencia"
TS en Animación de Act. Físicas e Deportivas
TD2 de piragüismo recreativo
Socorrista en instalacións e espazos naturais
Guía acreditado P. N.I.A.G.
Monitor de tempo libre
Técnico de Sendeiros
Toni Pazos
Monitor de kaiak
"Levántate cada mañán e convéncete de que podes facelo"
Dinamizador de ecoturismo deportivo no medio natural
Curso básico de protección civil
Isaac Guedes
Monitor de kaiak
"Eu nunca perdo, ou gaño ou aprendo"
Grao en Historia
Subcampión de España en Slalom 2009
Patri Valle
Arqueóloga
"Tras cada historia, pódese atopar historia"
Doctora CUM LAUDE en Historia
Máster en Protección patrimonial
Redactora en “El Octavo Historiador”
Membro do GEAAT “Grupo de Estudios de Arqueología, Antigüedad y Territorio”