Escape-Charlas

Unha novedosa e boísima ferramenta para transmitir conceptos e contidos, xa que os participantes prestan atención máxima nun contexto lúdico. O que se aprende nun jxogo de escape é difícil de esquecer.

Pero, que é unha escape-charla? Consiste nunha charla normal pero na que irán aparecendo distintas probas a resolver coa información dispoñible na oración ou nas diapositivas. As probas son de distintos tipos (adiviñas, quebracabezas, criptogramas, etc.) para conseguir solucionar un determinado problema ou reto nun tempo dado, dentro dunha historia que contextualiza a charla.

Xógase en equipo e é cooperativo.

Ideais como complemento do temario ou para tratar temas de interese. Pídenos o que precises. Algunhas das nosas charlas:

Máis info das charlas:

Igualdade (solo escape-charla)

Consumo responsable

Cambio climático

BiodiversidadeBosque autóctono vs Especies invasoras

Idades participantes: Primaria e E.S.O.

Temporalización: Novembro-Marzo

A actividade inclúe:

-Un profesional da educación ambiental adaptado á idade do alumnado

-Materiais para a actividade

Necesario aula con espazo suficiente para a actividade e proxector

Necesario o acompañamento de 1 ou máis profesor/a