Sendeyak

Combinación de sendeirismo e kaiak! Ven coñecer unha fraga das mellor conservadas da provincia de Pontevedra e completa o percorrido cun paseo en kaiak para regresar ó punto de inicio.

Queres descubrir lugares impresionantes da forma máis entretida?

Acompáñanos a través das augas, de sendeiros incribles e ríos tranquilos a descubrilas zonas máis remotas de Galicia.

Na actividade poderás gozar desde fora e desde dentro, admirar os cañóns e remalos, velos bosques e tocalos, coñecer a nosa natureza e vivila.

Atréveste a vivir esta aventura?

Actividades habituais no río Oitavén, consultar para outras zonas.

A actividade inclúe:

-Ruta combinada de sendeirismo e kaiak

-Kaiak autovaciable para 2 persoas

-Pala e chaleco

-Monitor de kaiak e guía

-Seguros necesarios

-Fotos

-Grupo reducido para aportar maior calidade á visita

 

Prezo

  30 €/adulto

  25€/nen@s entre 10-15 anos

  15€/nen@s entre 6-9 anos

Grupo mínimo 6

Consulten para grupos de máis de 15 persoas

Actividade dependente das condicións climatolóxicas

Más info do sendeyak:

senderismo kayak galicia
senderismo kayak vigo
senderismo kayak oitaven
actividades colegios
actividades kayak vigo
descenso en kayak
ruta barragan turismo galicia