Rutas

Si algo diferente ten Galicia é a nosa natureza. Segredos que non te podes perder, lugares incribles, bosques fantásticos…

Valo perder??

Temos rutas públicas no calendario (en ocasións máis económicas ó estar subvencionadas por diferentes concellos ou asociacións) e tamén existe a posibilidade de itinerarios á carta. Presuposto según itinerario. Solicita o noso catálogo de rutas.

Actividades especiais e rutas cortas

Ideais como complemento das túas estancias familiares, de parella ou doutras actividades. Goza dunha natureza sen igual.

De 2 a 5 horas de duración. Entre 6 e 10km de distancia.

Entre as nosas recomendacións:

– Rastros, sons e pegadas

– Tras as pegadas do lobo: Covelo

– Xigantes esquecidos: Porriño

– O intermareal, cando baixa a marea…

– Observación de fauna

Ruta en Ancares (prezo a consultar)

Rutas de 6-8h de actividade

Se queres descubrir os segredos máis agochados, non o dubides: temos uns guías profesionais desexando levarte, ensinarche e facerte gozar do espectáculo.

Fervenzas, vales, montañas, bosques, lugares máxicos…

Dinos o que che interesa e levarémoste ó lugar máis interesante do que poidas imaxinar.

Entre as nosas recomendacións:

-O val dos sentidos: serra do Candán, Lalín

-Porta do Alén, o paso ó mundo dos mortos: A Lama

-Entre ríos e pedras: Castro Laboreiro, Parque Nacional Peneda- Gêres, Portugal

-Entre toxos e lobos: Covelo

-Val susurrante: A Cañiza

-Pasarelas do río Mao (prezo a consultar)

– Camiño dos faros (prezo a consultar)

Ruta en Ancares (prezo a consultar)

Reserva a túa praza:

Dinos cando queres vir  e falamos para ver si é posible  nesa data ou algunha cercana. Podes facelo a través deste formulario ou directamente por whatsapp