Vamos remando en kaiak a San Simón!!
Queres descubrir un lugar impresionante da forma máis entretida posible?
Acompáñanos a través das augas da enseada de San Simón ata a illa do mesmo nome, coñecida como “A illa da memoria” e desembarca para dar un paseo por dentro.
Un lugar cargado de sorpresas.
...
Descubre un dos lugares con máis historia e beleza das Rías Baixas coa nosa ruta en kaiak á Illa de San Simón, unha experiencia que combina deporte, natureza, patrimonio e cultura nun entorno único da Enseada de San Simón, en Redondela (Pontevedra).
A aventura comeza no porto de Cesantes, dende onde remaremos tranquilamente ata a illa, disfrutando dun percorrido apto para tódolos niveis. Durante a travesía realizaremos diferentes paradas para coñecer algúns dos elementos máis característicos da ría, como unha batea de mexillón, onde descubrirás cómo se cultiva este produto tan representativo de Galicia, ou a coñecida estatua adicada ó Capitán Nemo e Jules Verne, inspirada na relación do escritor coa ría de Vigo.
Ó chegar á illa desembarcaremos para realizar unha visita guiada cun guía oficial, percorrendo os seus xardíns, edificios históricos e os espazos que fixeron de San Simón nun dos lugares con maior valor histórico e simbólico de Galicia, coñecida tamén como "A Illa da Memoria".
Unha actividade perfecta para familias, parellas, grupos de amigos e calquera persoa que queira descubrir a ría dende unha perspectiva diferente.
🗒️ Qué inclúe?
– Kaiaks dobres autovaciables (sit-on-top) moi estables, onde navegas sentado encima, non dentro. Non existe perigo de quedarse enganchado en caso de volcar e son embarcacóns que non afunden
– Palas e chalecos homologados
– Monitores de kaiak
-Acceso á illa e guía oficial
-Seguros e permisos
–Fotos
💰 Prezos
Prezos temporada alta (14 xuño – 20 setembro):
35 €/adulto
25€/nen@s ata 15 anos
Prezos temporada baixa:
30 €/adulto
20€/nen@s ata 15 anos
Aluguer de neopreno: 5 € (baixo reserva previa e indicando a talla)
Recorda que os menores de idade deben ir sempre acompañados por algún adulto.
Grupo mínimo de 6 adultos ou importe equivalente.
Consulten para grupos de máis de 16 persoas.
🤿 Outra información
Saída dende o Porto de Cesantes (Redondela).
Actividade apta para nen@s a partir de 6 anos, sempre acompañados por un adulto.
A realización da actividade depende das condicións meteorolóxicas e do estado do mar.
O acceso á Illa de San Simón está suxeito á autorización da administración competente. En determinadas datas ou circunstancias, os permisos poden non estar dispoñibles, polo que a actividade podería modificarse ou aprazarse.
Imprescindible reservar praza con antelación.
Grupos reducidos para ofrecer unha experiencia máis personalizada e segura.
🎯 Recomendamos traer
Bañador ou roupa deportiva cómoda.
Calzado que poida mollarse.
Protección solar e gorra.
Auga.
Toalla e roupa de cambio para o rematar.
👩🏽🦽 Actividade adaptable a PMR
Sempre que as condicións da marea o permitan, esta ruta pode adaptarse para persoas con mobilidade reducida (PMR), facilitando o acceso ó kaiak e o desembarco na illa. Si precisas unha adaptación específica, consúltanos antes de realizar a reserva para valorar as mellores condicións d percorrido.
Reserva a túa praza:
Dinos cando queres vir e falamos para ver si é posible nesa data ou algunha cercana. Podes facelo a través deste formulario ou directamente por whatsapp ![]()









