+34 677 525 930
info@alecrinactividades.com
Starlight en Cíes
Descubre as estrelas e a maxia que agocha a illa dos deuses coa nosa experiencia “Destino Starlight”. Unha saída nocturna a bordo dun veleiro acompañados dun guía astronómico para coñecer ao detalle o manto de estrelas que iluminan cada noite o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Inesquecible!
Queremos achegarte ao ceo e ás estrelas das illas Cíes cun roteiro específico para dar valor a este enclave único e de calidade para a observación de estrelas, protexidos de contaminación lumínica. O noso Parque Nacional é recoñecido mundialmente co selo “Destino Startlight” grazas á calidade das súas condicións para a observación de estrelas.
Navegaremos ata Cíes pola fermosa Ría de Vigo ata a o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia onde poderemos observala posta de sol navegando nas augas do Parque, un espectáculo único! Cando se peche a noite será o momento de desembarcar na praia de San Martiño (illa sur) e, sobre a súa fascinante area branca, contemplar o ceo estrelado que nos ofrece esta paraxe. Un enclave idílico para a contemplar as estrelas, xa que esta illa non está habitada nin hai ningún tipo de contaminación lumínica nin acústica. Dependendo das condicións do mar cruzaremos tamén á illa do Faro, onde o guía daranos unha breve explicación da bóveda estelar e gozaremos identificando constelacións e descubrindo estrella que, noutro lugar, resultaría imposible divisar.
Dificultade:
Fácil
Horario:
18:30h – 0:00h
Lugar:
Real Club Náutico de Vigo
Cíes, Vigo (PO)
Prezo: 80€
Observacións:
Roupa de abrigo
Calzado tipo deportivas
Prismáticos en caso de telos
En caso de sufrir mareos, recomendase tomar unha píldora de Biodramina C unha hora antes de zarpar
Outros eventos:
Agosto 2022
- MO
- TU
- WE
- TH
- FR
- SA
- SU
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
Kaiak nocturno
- 13
Starlight en Sálvora
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
Kaiak en San Simón
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 1
- 2
- 3
- 4