Starlight
O patrimonio nocturno, o gran descoñecido. Qué temos aí arriba? Cómo iniciarse á observación do ceo comprendendo o seu funcionamento? Goza do firmamento, coñéceo e engánchate a valoralo!
Tumbaremonos baixo un ceo estrelado, onde nin as luces das farolas ou dos coches, nin os ruidos nos estragarán un momento tan único de conexión coa natureza da noite.
Un guía astrónomo explicaranos as marabillas visibles cos nosos ollos: orientarnos grazas ás estrelas, ubicalas máis brillantes, comprender por qué as observamos de diferentes cores, as constelacións e as súas lendas, historias e a maxia escrita no ceo.
Invocaremos á Deusa Hera, creadora dos debuxos e historias escritas no ceo, para coñecelas de primeira man e saber como explicaban as épocas de crecidas dos ríos, o inicio das colleitas ou as discusións doutros deuses… As risas e o debate quedarán servidos: ¿ciencia? ¿lendas?…
Teremos unha explicación real pero amena, grazas á ciencia destas diferentes historias. Aprender e disfrutar é posible. ¡Unha noite inesquecible nos agarda!
Opcións:
Dependendo da ubicación escollida, a actividade pódese organizar con diferentes opcións:
–Iniciación á observación (necesario unha zona natural sen contaminación lumínica) Un guía astrónomo divulgador descubriravos os segredos da noite.
–Teatralizada (a nosa maior aposta, unha forma de gañar a súa atención e gozar das lendas). A deusa Hera explicaranos a historia dos debuxos que fixo no ceo, onde deuses e héroes marcan épocas de colleita, de chuvia e outras…. Mentras tanto, a nosa astrónoma usará a ciencia para explicar a súa versión… Con cal te quedarás?
-A noite: Sons e estrelas. Inclúe un paseo pola natureza coñecendo os sons da fauna nocturna e as súas adaptacións á oscuridade. Realizaremos unha observación do ceo (necesario un espacio natural próximo e seguro polo que desprazarse).
Posibles ubicacións:
–Vigo e arredores: Monte Galiñeiro (Vigo); Cabo Home (Cangas do Morrazo) (a petición do cliente)
–Baixo Miño e arredores: Castro de Troña, (Ponteareas) (datas dispoñibles no noso calendario)
–Ría de Arousa Sur: Monte Siradella (O Grove) (a petición do cliente).
–Especiais: Illas Cíes (a petición do cliente).
-Illa de Sálvora (datas dispoñibles no noso calendario: venres (e outros) de xullo e agosto). Si tes clarísimo que queres vivir con nos esta experiencia podes reservar a túa praza aquí, na web da naviera.
(*) Posibilidade de realizar outra zona a petición do cliente, cunha revisión previa da viabilidade e seguridade da actividade.
Dificultade e duración:
Hora e media de actividae. (Illa de Sálvora: 5 horas debido á viaxe en barco)
Pode realizarse sin necesidade de desprazamento: en campos de fútbol, aparcamentos de espazos abertos ou similares. Isto faina unha actividade apta a PMR (persoas con mobilidade reducida), según a elección do lugar.
Material necesario:
Roupa de abrigo de sobra. Esterilla ou similar para sentarse ou deitarse.
Participantes necesarios:
Mínimo: 9 persoas (menos deberán abonar o mínimo de grupo).
Máximo: 60 persoas.



