Aluguer de kaiak

Para disfrutar do turismo activo en Galicia non precisas experiencia extrema nin asumir riscos. En Alecrín Actividades propoñemos conectar coa natureza de forma tranquila, segura e accesible para tódolos públicos. Si buscas un plan diferente cerca de Vigo, remar polas augas tranquilas do sur de Pontevedra é unha das mellores opcións de turismo en Vigo e os seus arredores.

...

Ler máis

🗒️ Qué inclúe?

Queremos que a túa xornada na auga sexa cómoda e sen complicacións. Por iso, o prezo do aluguer inclúe todo o equipamento necesario e a xestión do transporte do material:

– Kaiaks dobres autovaciables (sit-on-top) moi estables, onde navegas sentado encima, non dentro. Non existe perigo de quedarse enganchado en caso de vuelco e son embarcacións que non afunden

– Palas e chalecos homologados e obrigatorios para tódolos participantes

– Respaldos para asegurar unha maior comodidade na postura durante o traxecto

– Bote estanco de gran capacidade para manter secos os teus obxectos personais, o móbil, a comida ou unha muda de roupa

– Loxística completa: Entrega do material no punto de inicio acordado e recollida do mesmo no punto final da ruta. En caso de ser necesario poderíamos mover algunha persoa entre inicio e fin

🚣🏻‍♀️ Rutas recomendadas

Os nosos percorridos habituais teñen unha duración de entre 2 e 3 horas, o tempo idóneo para disfrutar dunha actividade ó aire libre sen terminar con un cansancio excesivo.

Oleiros (Salvaterra) → Torre de Lapela (Monção)

Un descenso lineal moi tranquilo para disfrutar do kaiak entre España e Portugal. Río Miño

Salvaterra → Caldelas de Tui

Un traxecto relaxado seguindo o curso do río polo corazón do Baixo Miño. Río Miño

Caldelas de Tui → Tui​

Unha opción fantástica si queres rematar o día facendo turismo en Tui tralo paseo fluvial. Río Miño

Santa Mariña (As Neves)

Inicio e fin no mesmo punto para coñecer un entorno espectacular. Río Miño

Praia da Freixa (Ponteareas)

Un percorrido circular en un entorno tranquilo e de augas protexidas, idóneo para o kaiak en familia en Galicia. Río Tea

💰 Prezos

Tarifa xeral: 27,50 € por persoa. (Os kaiaks son dobres, polo que non se alquilan prazas individuais)

Menores de ata 9 anos: 15 € (ocupando a praza central supletoria do kaiak dobre)

Aluguer de neopreno: 5 € (baixo reserva previa e indicando a talla)

Guía acompañante opcional: +40 € por grupo (si prefires realizar a actividade co apoio e as explicacións dun profesional local)

Recorda que os menores de idade deben ir sempre acompañados por algún adulto.

Grupo mínimo de 4 adultos ou importe equivalente.

Consulten para grupos de máis de 16 persoas.

Reserva a túa praza:

Dinos cando queres vir  e falamos para ver si eé posible nesa fecha ou algunha cercana. Podes facelo a través deste formulario ou directamente por whatsapp  Whatsapp - Iconos gratis de negocio





    Preguntas frecuentes:

    ¿É necesaria experiencia previa para alugar un kaiak?

    Non. Os tramos seleccionados no río Miño e eno Tea son de augas tranquilas e moi seguras. Ademáis, os kaiaks autovaciables aportan unha gran estabilidade.

    ¿Qué pasa si o kaiak volca?

    Ó tratarse de kaiaks autovaciables (sit-on-top), non te quedarás atrapado nin o kaiak se inundará. Si caes, simplemente volves a subir á embarcación desde a auga con total facilidade ou nadando un pouco ata a orilla.

    ¿Cómo funciona a entrega e recollida do material?

    Nos encargámonos de todo. Esperámoste no punto de inicio cos kaiaks listos e vos recollemos no punto de chegada acordado.

    ¿Qué roupa debo levar para a actividade?

    Recomendamos levar roupa cómoda que se poida mollar: bañador ou mallas, camiseta técnica(evitar algodón), calzado que se agarre ben ó pé (escarpíns con suela, sandalias de río ou zapatillas vellas), protección solar, gorra e auga. Tamén é aconsellable deixar unha muda de roupa seca no coche.

    ¿Hai un número mínimo de persoas para reservar?

    O mínimo que vamos a cobrar sería o importe equivalente a 4 persoas adultas (110€). Si temos algunha outra reserva para ese mismo tramo coordinámonos para saír á vez, pero si non é posible habería que pagar ese importe completo.

    ¿A qué distancia están as rutas de Vigo?

    Localidades como Salvaterra de Miño ou Ponteareas están a uns 25 ou 30 minutos en coche desde o centro, o que convirte este aluguer nunha escapada perfecta de kaiak en Vigo e os seus arredores.